Saturday 18 de May de 2024

Axenda do 19 ao 24 de xullo de 2023


Mércores 19 de xullo de 2023

Actividade: Conferencia: “Viaxar soa?”
Hora: 19.00
Lugar: Sala multiusos da Biblioteca municipal

A viaxeira e cooperante nedense Paula Paz falará sobre as súas experiencias viaxeiras polo mundo e como afrontar os retos que xorden polo camiño e algunhas das anécdotas vividas dende que con 21 anos se foi a vivir soa a Bolivia, onde estivo seis meses.

Xoves 20 de xullo de 2023

Actividade: Cine de verán: “Trolls 2”
Hora: 22.30
Lugar: Rúa Francisco Pizarro (A Solaina)

O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Venres 21 de xullo de 2023

Actividade: Cine de verán: “Spirit indomable”
Hora: 22.30
Lugar: Praza do colexio de Xuvia

O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Actividade: “XXXV Rally Cidade de Narón”
Hora: 22.30
Lugar: Praza do colexio de Xuvia

Ás 16.00 horas terá lugar o shakedown de todos os equipos, en San Xiao, e que rematará ás 17.30 horas.

Sábado 22 de xullo de 2023

Actividade: “XXXV Rally Cidade de Narón”
Hora: 07.30
Lugar: Saída do Centro Comercial Odeón

O Concello organiza xunto coa Escudería Siroco Narón este evento deportivo. Participarán un total de 78 vehículos que percorrerán uns 120 quilómetros en cinco tramos cronometrados polos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas, Moeche e Cerdido. A entrega de trofeos está prevista sobre as 21.15 horas nas inmediacións do Centro Comercial Odeón.

Actividade: Cine de verán: “Spirit indomable”
Hora: 22.30
Lugar: Praza do colexio de Xuvia

O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación

Domingo 23 de xullo de 2023

Actividade: Verde que te quero verde
Hora: A partir das 12.00
Lugar: Praza Irmás Freire (Xuvia)

O Concello organiza un ano máis esta convocatoria a través do Padroado da Cultura. “Cé Orquestra Pantasma” e “Abril” son as dúas propostas culturais deste domingo. A entrada é de balde.